Este blog foi creado para achegar información do futbol femenino xa sea futbol sala ou futbol campo. Poñendo maior impetude nos equipos galegos .

viernes, 23 de septiembre de 2011

Parabéns á galega Verónica Boquete que acadou o título da mellor xogadora do ano da liga americana.

http://www.youtube.com/watch?v=RhCaErGgq8I

Unha galega elixida mellor xogadora de fútbol na segunda tempada na Women’s Professional Soccer estadounidense. A galega superou, entre outras  a Marta, a gañadora do balón de ouro dos últimos cinco anos.

Verónica Boquete, de 24 anos, volveu facer historia ao  convertirse na  primera galega ( e tamén na primeira xogadora de fútbol do Estado Español ) que é elixida  mellor xogadora do ano da  Women’s Professional Soccer, o máximo  recoñecemento  da mellor liga do mundo de fútbol feminino. A diantera do  Philadelphia  impúsoxe nas votacións realizadas  votacións realizadas por seguidores/as, xornalistas e entrenadores/as,á  brasileira Marta (New York Flash), Balón de Ouro dos cinco últimos anos e  única posuidora do premio  até o  momento nas edicións de 2009 e 2010. Ao  galardón tamén optaban  a súa compañeira  no Philadelphia, Tasha Kai, Abby Wambach (magicJack) e Christine Sinclair (New York Flash).
Parabéns Verónica por este título, e que sigas colleitando moitos máis!!

1 comentario: