Este blog foi creado para achegar información do futbol femenino xa sea futbol sala ou futbol campo. Poñendo maior impetude nos equipos galegos .

jueves, 22 de septiembre de 2011

TVG2 retransmitirá o emocionante derbi Burela FS-Ponte Ourense (17.30 horas)

O partido Burela FS-Ponte Ourense, correspondente á 3ª xornada da Primeira División (24 de setembro), adiantarase ás 17.30 horas (Vista Alegre) por petición da CRTVG.
O encontro poderase ver en directo a través de www.crtvg.es e en diferido por TVG2, ese mesmo día ás 20.00 horas, despois do Alcorcón-Deportivo (Segunda División de Fútbol), previsto para as 18.00 horas.
Semana Europea da Mobilidade. Os xogadores e xogadoras do Burela FS Pescados Rubén obsequiarán mañá aos participantes na actividade lúdico-deportiva 'Dispara a Gol' con invitacións para o derbi autonómico; será na praza do Concello (17.00-19.00 horas). 'Dispara a Gol' está enmarcada na Semana Europea da Mobilidade organizada pola Concellería de Ambiente de Burela (16-22 de setembro)

1 comentario:

  1. Bos dias , veciña, tamen me gosta moito o teu blog. Tes moita razon cando si que nos tamen xogamos :)
    un bico!

    ResponderEliminar