Unha galega elixida mellor xogadora de fútbol na segunda tempada na Women’s Professional Soccer estadounidense. A galega superou, entre outras a Marta, a gañadora do balón de ouro dos últimos cinco anos.
Verónica Boquete, de 24 anos, volveu facer historia ao convertirse na primera galega ( e tamén na primeira xogadora de fútbol do Estado Español ) que é elixida mellor xogadora do ano da Women’s Professional Soccer, o máximo recoñecemento da mellor liga do mundo de fútbol feminino. A diantera do Philadelphia impúsoxe nas votacións realizadas votacións realizadas por seguidores/as, xornalistas e entrenadores/as,á brasileira Marta (New York Flash), Balón de Ouro dos cinco últimos anos e única posuidora do premio até o momento nas edicións de 2009 e 2010. Ao galardón tamén optaban a súa compañeira no Philadelphia, Tasha Kai, Abby Wambach (magicJack) e Christine Sinclair (New York Flash).
Parabéns Verónica por este título, e que sigas colleitando moitos máis!!
Galegas, galegas everywhere.
ResponderEliminar