nosotrastambiénjugamos.
Este blog foi creado para achegar información do futbol femenino xa sea futbol sala ou futbol campo. Poñendo maior impetude nos equipos galegos .
jueves, 1 de diciembre de 2011
martes, 27 de septiembre de 2011
Ampi decidiu o derbi en Vista Alegre.
O Ponte Ourense adxudicouse (0-1) o derbi galego ante o Burela FS Pescados Rubén cun gol de Ampi no tramo final do choque. O duelo tivo todos os ingredientes propios dun derbi aínda que sen excesivas ocasións de gol.
O Burela iniciou o choque moi concentrado e gozou dun par de ocasións, Peque e Haydée, nas que a gardameta pontina salvou ao seu equipo. A intensidade máxima marcaba un partido entre dous conxuntos que exercían mellor as tarefas defensivas que o aspecto creativo. O máis perigoso do Ponte foi un disparo de Souza que Jozi desbaratou perfectamente. Nos instantes finais, o maior perigo de gol foi de cor laranxa. O Burela cazou á contra ás ourensás aínda que Peque foi inhabilitada para rematar cando se cantaba o gol en Vista Alegre. A resposta visitante foi un disparo cruzado e raso de Sarita que repeleu o exterior do pau dereito. Na continuación repetiuse o guión inicial. De novo o conxunto burelense puido golpear ao Ponte pero o remate de Peque foi demasiado frouxo e Eva detivo sen problemas.
O Burela cedeu a iniciativa ás ourensás que carecían de creatividade e precisión no pase final. Co Ponte sen espazo para explotar a velocidade de Ampi, o Burela manexaba a situación en busca dun contragolpe certeiro que non chegou e cando se enfilaba a recta final emerxeu o oportunismo de Ampi para situar o 0-1, minuto 36. Ao instante, respondeu Peque cun forte disparo que se estrelou no pau visitante e inmediatamente, Javier Pardeiro optou polo xogo de cinco pero o marcador permaneceu impasible.
viernes, 23 de septiembre de 2011
Parabéns á galega Verónica Boquete que acadou o título da mellor xogadora do ano da liga americana.
http://www.youtube.com/watch?v=RhCaErGgq8I
Unha galega elixida mellor xogadora de fútbol na segunda tempada na Women’s Professional Soccer estadounidense. A galega superou, entre outras a Marta, a gañadora do balón de ouro dos últimos cinco anos.
Verónica Boquete, de 24 anos, volveu facer historia ao convertirse na primera galega ( e tamén na primeira xogadora de fútbol do Estado Español ) que é elixida mellor xogadora do ano da Women’s Professional Soccer, o máximo recoñecemento da mellor liga do mundo de fútbol feminino. A diantera do Philadelphia impúsoxe nas votacións realizadas votacións realizadas por seguidores/as, xornalistas e entrenadores/as,á brasileira Marta (New York Flash), Balón de Ouro dos cinco últimos anos e única posuidora do premio até o momento nas edicións de 2009 e 2010. Ao galardón tamén optaban a súa compañeira no Philadelphia, Tasha Kai, Abby Wambach (magicJack) e Christine Sinclair (New York Flash).
Parabéns Verónica por este título, e que sigas colleitando moitos máis!!
jueves, 22 de septiembre de 2011
TVG2 retransmitirá o emocionante derbi Burela FS-Ponte Ourense (17.30 horas)
O partido Burela FS-Ponte Ourense, correspondente á 3ª xornada da Primeira División (24 de setembro), adiantarase ás 17.30 horas (Vista Alegre) por petición da CRTVG.
O encontro poderase ver en directo a través de www.crtvg.es e en diferido por TVG2, ese mesmo día ás 20.00 horas, despois do Alcorcón-Deportivo (Segunda División de Fútbol), previsto para as 18.00 horas.
Semana Europea da Mobilidade. Os xogadores e xogadoras do Burela FS Pescados Rubén obsequiarán mañá aos participantes na actividade lúdico-deportiva 'Dispara a Gol' con invitacións para o derbi autonómico; será na praza do Concello (17.00-19.00 horas). 'Dispara a Gol' está enmarcada na Semana Europea da Mobilidade organizada pola Concellería de Ambiente de Burela (16-22 de setembro)
miércoles, 21 de septiembre de 2011
CLASIFICACIÓN 2ª XORNADA DE LIGA 1º DIVISIÓN FEMENINA ;
Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1.- Rayo Vallecano 6 2 2 0 0 13 1
2.- SC Huelva 6 2 2 0 0 6 1
3.- Real Sociedad 6 2 2 0 0 5 2
4.- FC Barcelona 6 2 2 0 0 4 1
5.- Athletic Club 6 2 2 0 0 4 2
6.- RCD Espanyol 4 2 1 1 0 6 1
7.- Levante UD 4 2 1 1 0 2 1
8.- Prainsa Zaragoza 3 2 1 0 1 8 6
9.- CD San Gabriel 3 2 1 0 1 1 1
10.- UD Collerense 3 2 1 0 1 2 3
11.- SPC Llanos Olivenza 2 2 0 2 0 2 2
12.- Atlético de Madrid 1 2 0 1 1 2 3
13.- EMF Reocín 1 2 0 1 1 5 9
14.- Valencia CF 0 2 0 0 2 2 5
15.- CA Málaga 0 2 0 0 2 1 5
16.- SD Lagunak 0 2 0 0 2 0 4
17.- UE L´Estartit 0 2 0 0 2 1 7
18.- FVPR El Olivo 0 2 0 0 2 1 11
O unico equipo galego na primeira division " EL OLIVO " demomento non lle van moi ben as cousas , xa que acadou duas derrotas nos dous partidos disputados.
O unico equipo galego na primeira division " EL OLIVO " demomento non lle van moi ben as cousas , xa que acadou duas derrotas nos dous partidos disputados.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


